Soporte

Para comunicar un erro ou para facer unha suxestión referente a este aplicativo ou a este manual, use o sistema de seguemento de erros en http://bugzilla.xfce.org/. Lembre que os informes de erro útiles son aqueles que conseguen resolver os erros, así que un informe de erro ten dúas cualidades:

En caso de que desexe solicitar unha nova funcionalidade, por favor explique claramente por que considera que vale a pena engadila ao aplicativo. É máis probable que unha nova funcionalidade se engada se proporciona bos argumentos en favor da funcionalidade. Incrementará as posibilidades de adición aínda máis se proporciona un parche que implemente a funcionalidade solicitada, pero asegúrese de ler o ficheiro HACKING - especialmente a sección titulada Coding Style - antes de comezar a modificar o código.

Noutro caso se ten algunha pregunta sobre o uso ou a instalación deste software pregunte na rolda de correo thunar-dev ou conecte o seu cliente de IRC a irc.freenode.net, únase á canle #thunar e solicite axuda (en inglés).