Para as últimas atualizacións deste ficheiro LEAME, ver http://www.openoffice.org/welcome/readme.html
Este ficheiro contén información importante sobre este programa. Léaa con atención antes de iniciar o seu traballo.
A comunidade OpenOffice.org, responsábel do desenvolvemento deste produto, convídao a participar como un membro da comunidade. Como novo usuario, pode navegar no sitio do OpenOffice.org que contén informacións útiles para o usuario en http://www.openoffice.org/about_us/introduction.html
Lea tamén as seccións abaixo indicadas sobre como familiarizarse co proxecto OpenOffice.org.
OpenOffice.org é de uso libre por calquera persoa. Vostede pode coller esta copia do OpenOffice.org e instalala en tantos computadores como queira, e usalo para calquera propósito que queira (incluído comercial, gobernamental, administración pública e uso educativo). Para máis detalles vexa a licenza entregada canda o OpenOffice.org ou http://www.openoffice.org/license.html
Vostede pode usar hoxe esta copia de OpenOffice.org libre de cargo porque persoas individuais e patrocinadores corporativos deseñaron, desenvolveron, testaron, traduciron, documentaron, deron asistencia, publicidade e axudaron doutras moitas maneiras a facer OpenOffice.org o que é hoxe en día - a suite ofimática máis importante do mundo feita con software libre.
Se aprecia os esforzos da comunidade e quere asegurar que OpenOffice.org siga no futuro, considere contribuír co proxeto. Ver http://contributing.openoffice.org para máis detalles. Todo o mundo pode contribuír con algo.
Versión 2.4 ou superior do núcleo de Linux
Versión glibc2 2.3.2 ou superior
Versión gtk 2.2.0 ou superior
PC compatíbel Pentium (recoméndase Pentium III ou Athlon)
256 MB RAM (recoméndase 512 MB RAM)
Ata 1,5 GB de espazo en disco dispoñíbel.
Servidor gráfico cunha resolución de 1024x768 (recoméndase unha resolución superior), cun mínimo de 256 cores
Xestor de xanelas
Gnome 2.6 ou superior, cos paquetes gail 1.8.6 e at-spi 1.7, requiridos para a dispoñibilidade da ferramentas de asistencia tecnolóxica (ferramentas AT)
Hai unha grande variedade de distribucións de Linux, e mesmo coa mesma distribución pode haber diferentes opcións de instalación (KDE ou Gnome, etc.). Algunhas distribucións traen a súa versión propia de OpenOffice.org, que pode ter diferentes características da versión da comunidade de OpenOffice.org. Ás veces pode instalar a versión da comunidade de OpenOffice.org xunto coa versión da distribución. No entanto, normalmente é máis seguro eliminar a versión da distribucións antes de instalar a versión da comunidade. Consulte a documentación da súa distribución para obter instrucións de como facer isto.
Recoméndase que sempre faga unha copia de seguranza do seu sistema antes de engadir ou eliminar software.
Asegúrese de que ten suficiente memoria libre no cartafol temporal do seu sistema e que posúe dereitos de lectura, gravación e execución. Peche todos os outros programas antes de iniciar a instalación.
O motor de base de datos Berkeley foi anovado nesta versión de OpenOffice.org. A anovación do motor de base de datos introduce unha incompatibilidade cos datos de usuario das extensións instaladas da OpenOffice.org para versións anteriores á 3.2 que poden necesitar a súa intervención se vostede volve a unha versión anterior de OpenOffice.org.
Esta versión de OpenOffice.org converterá a extensión da base de datos ao novo formato de base de datos Berkeley cando as extensións sexan instaladas ou eliminadas. Logo desta conversión, a base de datos xa non se poderá ler con versións anteriores de OpenOffice.org. A regresión a unha versión anterior pode significar unha instalación disfuncional.
Se volve a unha versión anterior de OpenOffice.org, debe eliminar o cartafol de datos do usuario {user data}/uno_packages, por exemplo ~/.
Se ten problemas ao iniciar OpenOffice.org (especialmente usando Gnome), desconfigure a variábel de contorno SESSION_MANAGER da shell utilizada para iniciar OpenOffice.org. Pode facer isto engadindo a liña "unset SESSION_MANAGER" ao inicio do script da shell de StartOffice que se encontra no cartafol "[cartafol Office]/program".
Os problemas ao iniciar OpenOffice.org (p.ex. aplicativo colgado) ou os problemas coa pantalla adoitan ser debidos aos controladores da tarxeta gráfica. Se ocorre este problema, actualice os controladores da súa tarxeta gráfica ou trate de usar os controladores que se lle entregaron co sistema operativo. Os problemas para mostrar obxectos 3D adoitan solucionarse desactivando a opción "Usar OpenGL" no menú 'Ferramentas - Opcións - OpenOffice.org - Ver - Visualización 3D'.
As únicas teclas de atallo (combinacións de teclas) que se poden utilizar en OpenOffice.org son aquelas non utilizadas polo sistema operativo. Por iso, se algunha combinación de teclas non funciona en OpenOffice.org conforme se describe na Axuda, verifique se o sistema operativo xa usa ese atallo. Para corrixir eses conflitos, altere as teclas atribuídas polo seu sistema operativo ou modifique as atribucións de teclas de OpenOffice.org. Para obter máis información, consulte a Axuda de OpenOffice.org ou a documentación de axuda do seu sistema operativo.
O bloqueo de ficheiros está activado de modo predeterminado en OpenOffice.org. Nunha rede co protocolo NFS (Network File System), o demoño de bloqueo para clientes NFS debe estar activo. Para desactivar o bloqueo de ficheiros, edite o script soffice e cambie a liña "export SAL_ENABLE_FILE_LOCKING" a "# export SAL_ENABLE_FILE_LOCKING". Se desactiva o bloqueo de ficheiros, non haberá restrición de aceso de escritura dun documento para o usuario que primeiro abra o documento.
Aviso: O bloqueo de ficheiros pode causar problemas con Solaris 2.5.1 e 2.7 cando se utiliza con Linux NFS 2.0. Se o contorno do seu sistema ten estes parámetros, recomendámoslle que evite usar o bloqueo de ficheiros. De non o facer, OpenOffice.org ficará trabado sempre que tente abrir un ficheiro dun cartafol montado por medio de NFS nun computador con Linux.
Para máis detalles sobre características de acessibilidade no OpenOffice.org, ver http://www.openoffice.org/access/
Cando instale o software, non deixe de completar o proceso mínimo de rexistro do produto. Aínda que o rexistro é opcional, animámolo a facelo, pois esa información permítelle á Comunidade desenvolver un software ofimático aínda mellor e atender directamente as necesidades do usuario. Coa política de privacidade, a Comunidade OpenOffice.org toma todas as precaucións precisas para preservar os seus datos persoais. Se non realizou o rexistro durante a instalación, poderá facelo en calquera momento premendo en "Axuda >Rexistro" desde o menú principal.
Hai tamén unha enquisa en liña para o usuario que lle pedimos que cubra. Os resultados axudarán a OpenOffice.org a estabelecer, máis rapidamente, novos estándares para a creación do paquete ofimático de próxima xeración. A través da súa politica de privacidade, a Comunidade OpenOffice.org toma todas as precaucións precisas para preservar os seus datos persoais.
A páxina principal de asistencia http://support.openoffice.org/ ofrece varias posibilidades para obter axuda sobre OpenOffice.org. A súa pregunta pode xa ter sido respondida - busque no foro da comunidade en http://user.services.openoffice.org ou procure os arquivos da lista de discusión 'users@openoffice.org' en http://www.openoffice.org/mail_list.html. Alternativamente, pode enviar as súas preguntas a users@openoffice.org. Para asinar a lista para receber a súa resposta, vexa esta páxina: http://wiki.services.openoffice.org/wiki/Website/Content/help/mailinglists.
Za podršku unutar zajednice OpenOffice.org korisnika u Srbiji posetite http://sr.openoffice.org/podrska.html . Dopisna lista na srpskom jeziku je dostupna na e-adresi users@sr.openoffice.org. Posetite prethodnu stranicu da saznate o pretplati na listu i pretražite javno dostupnu arhivu.
За подршку унутар заједнице OpenOffice.org корисника у Србији посетите http://sr.openoffice.org/podrska.html . Дописна листа на српском језику је доступна на е-адреси users@sr.openoffice.org. Посетите претходну страницу да сазнате о претплати на листу и претражите јавно доступну архиву.
Visite tamén a sección de FAQ en http://wiki.services.openoffice.org/wiki/Documentation/FAQ.
O sitio web de OpenOffice.org aloxa o IssueZilla, o noso mecanismo de xeración de informes, seguimento e solución de erros e incidencias. Animamos os usuarios a que se sintan incluídos e saiban benvidos os informes sobre os problemas que poidan xurdir na súa plataforma. O informe activo de problemas é unha das maiores contribucións que a comunidade de usuarios pode ofrecer para o desenvolvemento e mellora do conxunto dos programas.
A Comunidade OpenOffice.org sairía moi beneficiada da súa participación activa no desenvolvemento deste importante proxecto de software libre.
Como usuario, vostede xa é unha parte valiosa do proceso de desenvolvemento do conxunto, mais gustaríanos animalo a desempeñar un papel aínda máis activo como colaborador habitual da comunidade. Únase e visite a páxina de usuario en: http://www.openoffice.org
A mellor maneira de comezar a contribuír é inscribirse nunha ou máis listas de mensaxes, observar por un tempo e usar gradualmente o arquivo de mensaxes para se familiarizar con algúns dos temas tratados desde que o código fonte de OpenOffice.org foi liberado en outubro de 2000. Cando se sinta máis cómodo, o único que ten que facer é enviar un correo electrónico de presentación e comezar a participar. Se está familiarizado cos proxectos relacionados software libre, mire a nosa lista de To-Do e vexa se hai algo co cal lle gustaría axudar en http://development.openoffice.org/todo.html.
Eis algunhas listas de discusión interesantes para asinar en http://www.openoffice.org/mail_list.html
Novas: announce@openoffice.org *recomendada para todos os usuarios* (tráfico baixo)
Foro de usuarios principal: user@openoffice.org *maneira fácil de observar as discusións* (tráfico intenso)
Proxecto de márketing: dev@marketing.openoffice.org *en desenvolvemento* (tráfico en aumento)
Lista de colaboradores de código xeral: dev@openoffice.org (moderado/intenso)
Pode facer grandes contribucións a este proxecto de software libre mesmo sen ter moita experiencia con manexo do código ou co deseño de software. Si, vostede mesmo!
En http://projects.openoffice.org/index.html encontrará proxectos que van desde a localización, traspaso (porting) e software de equipo (groupware) ata algúns proxectos reais de codificación do núcleo central. No caso de non ser programador, probe co proxecto de documentación ou co de márketing. O proxecto de márketing de OpenOffice.org está a aplicar técnicas comerciais arriscadas e tradicionais para comercializar o software de código aberto, rompendo barreiras culturais e de idioma. Por iso, pode axudarnos simplemente recomendando a un amigo este paquete ofimático.
Mesmo pode axudar participando da rede de Marketing Communications & Information en http://marketing.openoffice.org/contacts.html onde é posíbel fornecer un ponto de contato coa prensa, os media, institucións oficiais, consultores, escolas, grupos de usuarios de Linux e desenvolvedores no seu país e na súa comunidade local.
Esperamos que aprecie traballar co novoOpenOffice.org 3.3 e que se una a nós en liña.
A Comunidade OpenOffice.org
Portions Copyright 1998, 1999 James Clark. Portions Copyright 1996, 1998 Netscape Communications Corporation.